AVISOS
08/09/2017
30 de setembro. Día da Tradución
Colección libros
Efeméride destacada do Calendario do Libro e a Lectura no mes de setembro

O día 30 de setembro festéxase o Día Internacional da Tradución e o Intérprete, promovido en 1953 pola Federación Internacional da tradución, en conmemoración do falecemento de San Jerónimo de Estridón, patrono desta profesión, quen foi o primeiro tradutor da Biblia para o pobo. O obxectivo desta data foi o de dignificar o labor levado a cabo por estes profesionais, dando recoñecemento a nivel mundial a tradutores e intérpretes.

A importancia desta figura nestes tempos de globalización xustifícase por si mesma, basta ver o importante aumento de interesados e matriculados nestes estudos. Na actualidade a xente nova xa domina varios idiomas mais a realidade é que aínda queda moito por andar. O tradutor soluciona problemas a miles de persoas, facendo posible ler libros escritos orixinariamente noutras linguas, ou ver filmes en versión orixinal con subtítulos proporcionados por un profesional da tradución, ou asistir a calquera acto nun idioma descoñecido sabendo que haberá un intérprete que nolo solucionará. Aínda máis, podemos acceder a webs en idiomas descoñecidos por nos que con dar un 'clic' aparecerán nun instante traducidas ao noso idioma. Internet non sería operativa sen esta ferramenta

Hoxe sen tradutores non poderiamos ter unha participación activa na vida