AVISOS
27/11/2017
Ábrese o prazo de presentación das obras ó Premio Literario - Nortear
Anuncio
IV edición do premio literario para novos escritores de Galicia e Norte de Portugal
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal asinaron un memorando de entendemento para establecer acción conxuntas de colaboración a nivel cultural.
No marco deste memorando desenvólvese o Programa Nortear que, entre outras actuacións, contempla a IV edición dun premio literario para novos escritores de Galicia e da Rexión Norte de Portugal, con idades comprendidas entre os 16 e 36 anos, que versará sobre o xénero de relato curto cunha dotación económica de 2.000€ máis a publicación e divulgación da obra cun mínimo de 500 exemplares.
 
 
Queda aberto o prazo de presentación que remata o 30 de abril de 2018

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS