AVISOS
07/01/2020
Día da Ilustración
Calendario do libro e a Lectura 2020. Xaneiro

Día da Ilustración

O 30 de xaneiro é o Día da Ilustración. Foi creado en 2014 pola Xunta de Galicia para potenciar este sector e situalo no lugar que lle corresponde. Esta efeméride coincide co aniversario do nacemento de Castelao, gran debuxante ademais de político, escritor, pintor e médico.

O que outrora fora o pai do nacionalismo galego, membro do Seminario de Estudos Galegos e do grupo Nós, creativo e divulgador a través de múltiples formas de expresión, deixou a súa pegada plasmada en numerosas ilustracións, caricaturas, e escritos, méritos todos eles que fan desta proposta a idónea como cabeceira da que será unha grande lista de artistas. Cada un deles, a través dos seus ollos, das súas mans, da súa sensibilidade, deixarán ao descuberto toda a beleza de Galicia