AVISOS
02/02/2020
Día da Lingua Materna
Calendario do libro e a lectura 2020
Calendario do libro e a Lectura 2020. Febreiro

A lingua materna é a primeira que aprendemos ou coa que máis nos identificamos. Conforma a nosa identidade, as nosas formas de pensamento, de expresión, como nos comunicamos, os recursos utilizados tan diferentes en cada unha. A nosa lingua materna defínenos con máis precisión e permítenos ser máis nós.

A UNESCO desde o ano 2000 realiza accións encamiñadas a resaltar o valor das linguas poñendo no punto de mira a súa riqueza, o cúmulo de coñecementos que encerran e o perigo da súa extinción. A perda dunha lingua é a desaparición de xeracións e xeracións de tradición e séculos de sabedoría e coñecementos.

A desaparición dunha lingua supón unha perda incalculable. Foi a súa defensa o que orixinou o Movimiento por la Lengua Bengalí que custou a vida de dous estudantes universitarios que buscaban o recoñecemento dos seus signos de identidade como lingua oficial de Paquistán. En memoria deste triste feito foi instituido o Día da Lingua Materna

Rosalía de Castro. 24 de febreiro

Neste mes de febreiro no que festexamos o Día da Lingua Materna, que mellor onomástica que a de Rosalía de Castro, unha escritora que sempre tivo a gala defender a súa, tanto na fala como na escrita, sempre recoñecida e tantas veces traducida a moitas outras linguas. Rosalía é un claro exemplo de defensa da súa identidade, de sempre ser ela mesma na transmisión do máis profundo sentir polo seu entorno, as súas xentes e o mundo que lle tocou vivir. A pureza do transmitido antes que a forma do expresado, o verdadeiro espírito do pobo galego por enriba de calquera regra gramatical. Un espírito libre cando menos coa pluma.