AVISOS
01/08/2017
Prorrógase a exposición Balnearia bibliográfica
A exposición Balnearia bibliográfica. Un percorrido polas augas minerais de Galicia prorrógase ata o 17 de setembro
Os balnearios sempre foron unha seña de identidade de Galicia

Galicia. Terra das augas. Unha antiga definición que recolle séculos de vida ao redor de mananciais, fontes, servizos de saúde e repouso. Unha característica única e preciosa que xerou centos de libros, revistas, carteis e ilustracións, mapas, postais e obxectos de uso cotián. Unha produción bibliográfica antiga e moderna dunha enorme amplitude e cunha gran calidade e beleza. Unha xanela artística, social, médica e científica a tempos e xentes do noso país das augas, Galicia.

Estamos ante unha mostra que non pretende máis ca amosar unha pequena selección gráfica e bibliográfica deste mundo impreso que acompaña o fenómeno social das nosas augas e dos nosos balnearios case desde o seu nacemento.