AVISOS
15/03/2016
Últimas incorporacións a Galiciana
Páxina de El Correo Gallego de 1878
Galiciana 2015-2016: novos contidos

Nestes primeiros días do ano 2016 Galiciana – biblioteca dixital de Galicia pon a disposición dos seus usuarios o resultado dos traballos de dixitalización do patrimonio bibliográfico galego levados a cabo durante o ano 2015. A selección dos materiais para dixitalizar realizouse desde a Biblioteca de Galicia, buscando sempre a colaboración das máis destacadas institucións da memoria (bibliotecas, arquivos e museos) da nosa comunidade autónoma. Estes proxectos foron financiados pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para os cales se buscou tamén a colaboración do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

Os proxectos de dixitalización postos en marcha no 2015 definíronse en base a tres eixos principais: prensa histórica galega, fondos bibliográficos depositados nos museos de Galicia e obras únicas de coleccións particulares ou de fundacións de especial interese para Galicia. Os resultados destes criterios de selección e do posterior tratamento técnico e documental que permiten consultar eses documentos en formato dixital foron os seguintes:

Prensa histórica galega

El Correo gallego → 8.048 números = 31.015 imaxes

Boletín eclesiástico del Obispado de Tuy → 1.064 números = 9.844 imaxes

Obras de coleccións particulares e de fundacións de especial interese para Galicia

Colección José Luis Basanta → 27 obras = 5.893 imaxes

Fundación Penzol → 62 obras = 14.776 imaxes

 

 

 

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS