AXENDA
Aventuras literarias
11 de Marzo, 13:00
Biblioteca de Galicia
O bradoiro a cargo de Xandobela
Cartel do evento

Aventuras literarias” é un proxecto que se vai a impartir en tres sesións (22 xaneiro, 11 febreiro e 11 de marzo) , tratándose un conto diferente en cada unha delas. Neste obradoiro o obxectivo é traballar a promoción dos hábitos lectores e a animación á lectura; Vai dirixido a un público a partir de 7 anos e ata 12 anos, polo que esta actividade está creada cun formato que se adapta ás características desta franxa de idade, a medio camiño entre a nenez e a adolescencia. Trátase dunha especie de contacontos interactivo, a través do que se desentraña a historia narrada empregando xogos, enigmas, novas tecnoloxías, retos e probas.

Duración: 90 minutos

Prazas: 25

De balde, precisa inscrición na web