AXENDA
Cebreiro: o trazo da vangarda
20/01 - 07/03
Biblioteca de Galicia
Exposición con motivo do Día da Ilustración

Con motivo do Día da Ilustración a Biblioteca de Galicia dedica esta mostra bibliográfica a Álvaro Cebreiro(1903-1956) cos fondos que se custodian na Biblioteca de Galicia. Este ano a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) en colaboración coa Subdirección Xeral de Bibliotecas quere homenaxear a este debuxante, caricaturista e pintor galego cun vídeo que formará parte da exposición.

Estará ata o 7 de marzo, no columnario central da BdG