AXENDA
Cóntamo con música
21 de Outubro, 17:00
Biblioteca de Galicia
Obradoiro experimental para traballar a intelixencia emocional a través da música.
Torres Hedjuck musicalizadas

A música forma parte de nós, dos nosos primeiros xogos e dos contos da infancia. Expande os sentidos. É un bálsamo que penetra polo ouvido e pola pel producíndonos todo tipo de emocións: alegría, tristeza, inquietude, excitación, calma... Trala experiencia vivida cos nenos e nenas neste taller o ano pasado, decidimos vivir a experiencia agora dirixida a adultos.

Neste obradoiro imos experimentar coas nosas emocións a través da música. Para desenvolver a intelixencia emocional é preciso identificar as emocións, as nosas e as dos outros cos que nos relacionamos. Que experimento eu? Que estou vendo que experimentan os outros do grupo? Que está pasando que me fai sentir así? Nesta consciencia aprendemos a expresar e a canalizar as nosas emocións, a fortalecer as relacións de grupo e familiares, aprendemos a elixir as mellores respostas e actitudes fronte aos conflitos que se nos presenten, con sinxelas ferramentas ao noso alcance, como son a escoita, a atención, a empatía, a comprensión, a tolerancia...

Imos crear unha historia e imos sonorizala. Rescataremos a imaxinación e liberdade creativa que tiñamos de nenos. Imos gozar da experiencia; o resultado... tanto ten!

Requisito: traer esterilla para deitarse no chan

Participantes: adultos a partir de 16 anos

Duración: 2,30 h

Lugar: Aula-1 da Biblioteca de Galicia

Nº de prazas: 25

De balde. Precisa inscrición