AXENDA
Contos para o tempo de Nadal
28 de Decembro, 12:00
Biblioteca de Galicia
Obradoiro de Nadal impartido por Xandobela
Bosque de árbores de papel

Nestas datas sinaladas recollemos historias e mitos sobre como se vive o Nadal e o cambio de ano nas distintas culturas do mundo. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación dos/das nenos/as e o protagonismo absoluto do libro, son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa e construtiva.

“As noitiñas do Nadal son noites de moita alegría cando nos xuntamos á beira do lume mentres fóra xea, e veñen os de aquí e máis os de acolá, cadaquén coas súas novidades, e durmimos cun ollo pechado e outro a medio abrir...”

Público: de 4 a 10 anos

Duración: 90 minutos

Lugar: Sala 1 da Biblioteca de Galicia

Prazas: 50

De balde, precisa inscrición na web

Importante: os formularios de inscrición dos obradoiros da BdG están aloxados na web da Cidade da Cultura, sempre na pestana de "en familia" mais iso non quere dicir que sexa para público familiar, cando así sexa aparecerá así descrito de forma clara, polo tanto prégase respectar a franxa de idades así como a puntualidade na hora de comezo, sendo aconsellable estar na aula 5' antes do mesmo.