AXENDA
Imos cantar aos reis
03 de Xaneiro, 12:00
Biblioteca de Galicia
Obradoiro de Nadal impartido por Xandobela

Esta é unha proposta que persegue difundir o patrimonio cultural galego relacionado coa nosa tradición navideña entre a xente máis nova. Farase dunha maneira participativa e amena, tratando a literatura oral (os cantos, os romances...); a música (ritmos e melodías empregadas, instrumentos…) e, como non, a petición do aguinaldo.

Público: Familiar (de 4 a 6 anos acompañados dun titor, a partir de 6 anos poden vir sen acompañante)

Duración: 2 horas

Lugar: Sala 1 da Biblioteca de Galicia

Prazas: 40

De balde, precisa inscrición na web

Importante: os formularios de inscrición dos obradoiros da BdG están aloxados na web da Cidade da Cultura, sempre na pestana de "en familia" mais iso non quere dicir que sexa para público familiar, cando así sexa aparecerá así descrito de forma clara, polo tanto prégase respectar a franxa de idades así como a puntualidade na hora de comezo, sendo aconsellable estar na aula 5' antes do mesmo