AXENDA
O apalpador conta con vós
27 de Decembro, 12:00
Biblioteca de Galicia
Obradoiro de Nadal impartido por A trastenda dos contos
Debuxo do Apalpador

O Apalpador é un personaxe mítico da tradición galega que estivo a piques de desaparecer, pero do que aínda quedan testemuños na zona do Courel e dos Ancares. Neste espectáculo recibimos a súa visita para que nos conte quen é, cal é a súa orixe, a que se dedica no seu día a día...e o que é máis importante, que consellos temos que seguir para que cando nos visite nos deixe unha presada de castañas e algún dos agasallos que el mesmo constrúe. Un personaxe entrañable que nos fará pasar sesenta minutos cheos de maxia.

Público: Familiar (recomendado a partir de 4 anos)

Duración: 1 hora

Lugar: Sala 1 da Biblioteca de Galicia

Prazas: 50

De balde, precisa inscrición na web

Importante: os formularios de inscrición dos obradoiros da BdG están aloxados na web da Cidade da Cultura, sempre na pestana de "en familia" mais iso non quere dicir que sexa para público familiar, cando así sexa aparecerá así descrito de forma clara, polo tanto prégase respectar a franxa de idades así como a puntualidade na hora de comezo, sendo aconsellable estar na aula 5' antes do comezo