AXENDA
Verbenas animadas de Maruja Mallo
06 de Maio, 17:00
Biblioteca de Galicia
Último obradoiro sobre obras de Maruja Mallo a quen se dedicou o Día das Artes Galegas
Cadro La Verbena, de Maruja Mallo

Maruja Mallo foi unha pintora vangardista, que experimentou e colaborou con diversas correntes artísticas do século XX. Transgresora, moderna, feminista, foi unha muller adiantada ao seu tempo, cunha visión lúcida e unha enorme capacidade creativa.

O vencellamento da artista coa vangarda e a súa paixón pola sétima arte servirán de fío condutor para este obradoiro de stop-motion no que rapaces e rapazas, despois de achegarse á figura, á obra e á época desta artista galega, farán unha proposta de animación a partir da obra “La Verbena”.

Público: de 9 a 12 anos

Duración: 2 horas e 15 minutos

Prazas: 20