EXPOSICIÓNS
Casares: arte e pensamento para Galicia
18 Abril 2017
08 Xuño 2017
Cartel do Día das Letras Galegas 2017 no que Carlos Casares aparece como o Principiño
Cartel do Día das Letras Galegas 2017
Coordinador/a:
Fernando Recamán Solla

Con motivo do Día das Letras Galegas, adicado este ano á figura de Carlos Casares, a Biblioteca de Galicia mostra unha exposición bibliográfica en torno á súa figura. Os fondos proceden todos eles da propia biblioteca de Galicia, de fondos propios e de fondos depositados nela, entre eles a propia biblioteca de Casares.

Conta con todo tipo de materiais bibliográficos, gráficos, fotografías e carteis, en torno á súa vida, á súa obra e á incidencia na cultura galega do seu pensamento e arte creativo.