EXPOSICIÓNS
Cebreiro: o trazo da vangarda
20 Xaneiro 2017
07 Marzo 2017
Imaxe do cartel no que figura a caricatura de Cebreiro
Coordinador/a:
Daniel Buján e Elena Díaz del Río López

Alvaro Cebreiro coruñés que viviu na primeira metade do século XX, foi un artista precoz. Bo debuxante e ilustrador destaca sobre todo dende os inicios como caricaturista, dándose a coñecer con só 16 anos en A Nosa Terra, e foi quen escribiu, xunto con Manuel Antonio, o manifesto Máis Alá. A súa prolífica labor gráfica nas mellores e máis populares cabeceiras da época contribuiron a que A Biblioteca de Galicia preparara unha exposición con motivo do Día da Ilustración.

Este ano a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) en colaboración coa Subdirección Xeral de Bibliotecas queren homenaxear cun vídeo ao debuxante, caricaturista e pintor galego Álvaro Cebreiro (1903-1956). Este vídeo poderase ver na exposición, ademais dos fondos sobre Álvaro Cebreiro que se custodian na Biblioteca de Galicia. Esta mostra estará na BdG dende o 20 de xaneiro ata o 7 de marzo.