CATÁLOGOS E COLECCIÓNS
Biblioteca da Muller, Sección Concepción Arenal
Fondo da Biblioteca da Muller
Fondo da Biblioteca da Muller

A Biblioteca da Muller é unha sección especializada da Biblioteca de Galicia denominada Sección Concepción Arenal de Estudos das Mulleres, para a investigación e o coñecemento de temas feministas, sobre igualdade de oportunidades e de trato entre mulleres e homes, e de calquera outro eido relacionado coa muller.

Esta sección constitúese no ano 2010 froito dun acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Secretaría Xeral de Igualdade. Inaugúrase o 8 de marzo de 2011, en conmemoración do Día Internacional da Muller.

Os obxectivos desta sección son os seguintes:

  • Recoller, conservar e difundir os fondos bibliográficos con temática relacionada coa muller
  • Fomentar a participación cidadá e a creación de grupos de lectura en colaboración coa Rede de Bibliotecas de Galicia
  • Fomentar o desenvolvemento de programas culturais e literarios coa inclusión de obras feitas ou producidas por mulleres, nos espazos culturais e expositivos da Biblioteca de Galicia