Institucións participantes no CCPBG

Institucións participantes

Os documentos descritos no CCPBG pertencen a numerosas institucións de toda Galicia. As institucións seleccionáronse polo valor cultural dos seus fondos e foron catalogándose os seus fondos patrimoniais en diferentes campañas, nalgunhas bibliotecas aínda non se rematou o traballo.

Son en total 43 institucións.

A cantidade de títulos catalogados en cada unha das institucións recóllese no cadro seguinte : 

                                        

 

Na gráfica de embaixo represéntanse só as 29 con máis títulos catalogados no CCPBG :         

A distribución do traballo para o CCPBG por anos pode verse nos cadros de embaixo, ben ordenado por códigos das bibliotecas, ben por anos : 

Ordenadas polo código da biblioteca que se compón coas inciais da provincia e logo as iniciais do nome:

                                         

Ordenadas polo ano en que se traballou:

                                   

 

Tipoloxía

Podemos agrupar as institucións en función da tipoloxía en públicas e privadas, concretamente 28 públicas e 15 privadas.

Aínda que as institucións públicas son maioría, os títulos catalogados nas institucións privadas representan máis da metade:

                                 

 

Dentro de cada unha das tipoloxías podemos subdividilas en categorías en función das administracións ás que pertenc en:

Privadas:

-Eclesiásticas: 12

-Fundacións: 3

Públicas:

-Arquivos municipais: 2

-Bibliotecas municipais: 4

-Bibliotecas Centrais Territoriais: 5

-Deputacións provinciais: 2

-Educativas: 4

-Ministerio de Defensa: 2

-Museos: 4

-Sen clasificación ou únicas: 5

 

Nos cadros seguintes obsérvase cales son as que teñen máis títulos catalogados en función da súa categoría:

                       -Nas privadas dominan claramente as achegas das institucións eclesiásticas :

                                

-Nas públicas, onde a tipoloxía é máis variada, destacan as catalogacións das institucións educativas, especialmente a da Universidade de Santiago de Compostela:

                          

 

Distribución xeográfica

         A distribución das institucións en función da provincia á que pertencen é como segue :

               -A Coruña : 24

               -Pontevedra: 10

               -Ourense: 5

               -Lugo: 4

Se facemos o mesmo, pero en función dos documentos catalogados, atopamos que aínda que a meirande parte das institucións son da Coruña, as catalogacións da provincia de Pontevedra non están moi lonxe das da Coruña. Por outra parte Lugo, malia ter menos institucións ca ningunha, achega máis catalogacións ca as institucións de Ourense :