Neste día mundial da poesía
onde agroman os versos dun nacente equinocio
alguén o dixo xa, ti és poesía
e xurdiron os poemas máis tristes desta noite
sen preservar do mundo só un recuncho tranquilo
un imposible espazo de reflexos
ao apreixo imposible da Venus de Milo.
Outra vez ven e mil a luz de xaneiro
chovía, chovía, calada e mansamente
que cese esta asfixia de respirar cun pulmón alleo!
que chova a cachón a boa sorte.
Son unha alma núa nestes versos
A miña historia, algúns casos que lembrar non quero
Dáme a túa liberdade...
Neste día mundial da poesía vaia esta lembranza de algúns dos grandes poetas do século XX