SERVIZOS
Servizos educativos
Servizo educa

A Biblioteca de Galicia é a cabeceira do seu sistema bibliotecario, pero é especialmente a institución responsable de recoller, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico galego. Entendemos por tal non só as obras impresas, como libros, folletos, ou publicacións periódicas, senón tamén obra gráfica, carteis, gravados, fotografías e postais, cartografía, ou documentos sobre soporte fílmico, sonoro ou audiovisual, e actualmente tamén en soporte electrónico e dixital.

A función fundamental da Biblioteca de Galicia, ó tempo que a recollida, conservación e organización destes materiais, é a  súa difusión. Iso faise a través dos servizos realizados no propio centro, a través de Internet e da Biblioteca Dixital.

Elemento fundamental da Biblioteca de Galicia dentro da súa política de difusión é sen dúbida o labor educativo que unha institución deste tipo pode levar a cabo a partir dos fondos e servizos cos que conta. EducaBGalicia pretende coordinar e reunir as diferentes posibilidades formativas e os proxectos e elementos educativos desenvoltos a partir dos seus recursos.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS