Benvido/a á Biblioteca de Galicia

Benvido/a á Biblioteca de Galicia, a biblioteca central do Sistema Galego de Bibliotecas.

Naceu como institución no ano 1989, coa promulgación da Lei de bibliotecas, que contempla a súa posta en marcha baixo a denominación de Centro Superior Bibliográfico de Galicia e sinala o seu papel como cabeceira do sistema bibliotecario e como conservadora e difusora do patrimonio bibliográfico de Galicia.

A Biblioteca de Galicia configúrase como un centro moderno, xestor, difusor e conservador tanto de materiais tradicionais impresos, como de novos soportes a través de consultas e servizos realizados in-situ, na súa localización da Cidade da Cultura, como realizados en liña ou a través de consultas á súa ampla e pioneira biblioteca dixital.

visita virtual
cartel do Día da Ilustración

15/01/2019

Día da Ilustración

Calendario do libro e a Lectura 2019. Xaneiro

Visión lateral dereita da BdG

04/10/2018

Día da Biblioteca. 24 de outubro

Efeméride destacada do Calendario do Libro e a Lectura no mes de outubro

Diccionario

24/09/2018

Día da Tradución

O día 30 de setembro festéxase o Día Internacional da Tradución e o Intérprete

Pies caminando

19/09/2018

Aberto o prazo para presentación de proxectos ó I Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia

Publicada no DOG do 18 de setembro a Orde do 5 de setembro de 2018 pola que se crea o Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2018.

Técnica e arte do gravado

28 Novembro 2013 - 27 Xaneiro 2014

Técnica e arte do gravado

Un percorrido didáctico polas técnicas históricas do gravado, a través dos grandes artistas internacionais, nacionais e galegos que na longa historia desta arte se dedicaron nalgún momento a elas.

Colección cartográfica Vilardevós

23 Xullo 2014 - 14 Setembro 2014

Colección cartográfica Vilardevós de Rodolfo Núñez de las Cuevas

Mostra da cartoteca de Rodolfo Núñez de las Cuevas, enxeñeiro xeógrafo do Instituto Geográfico Nacional, institución que dirixiu entre 1974 e 1980.

O ronsel dun sabio

26 Setembro 2014 - 31 Outubro 2014

O ronsel dun sabio. 250 aniversaio da morte do P. Feijóo

Exposición que conmemora o 250 aniversario do pasamento do Padre Feijóo

Libros sobre reloxos

06 Outubro 2014 - 30 Novembro 2014

Libros sobre reloxos. Colección José Luis Basanta

Exposición dunha das mellores coleccións de libros de reloxos do mundo, doada por José Luis Basanta á Biblioteca de Galicia.

cabeceira da exposición Somos patrimonio
Acceso á Libraría institucional