ACTIVIDADES
Obradoiro de ilustración
nena traballando no obradoiro
Impartido polo ilustrador Santy Gutiérrez

Obradoiro dirixido a persoas de todas as idades a partir dos 10 anos, sendo ideal para aqueles que xa adquiriran algunha destreza de debuxo.

Na actividade farase un repaso polo oficio de ilustrador: a que se adica, as súas funcións principais, e amosará como levar adiante unha encarga dende que se recibe ata que se entrega á editorial: recepción e lectura do texto, identificación de pasaxes a ilustrar, deseño de personaxes principais, bocetos e acabado final. Deténdose no proceso no coñecemento de técnicas básicas de composición, tipos de planos, debuxo...

Data: 27 de xaneiro

Público: Todos os públicos ( A partir de 10 anos)

Horario: de 12:00 a 13:00 ou 13:30 h

Duración: Máximo 90 minutos

Prazas: 30

 

De balde, precisa inscrición na web