Con motivo da conmemoración do Día da Narración Oral, a Biblioteca de Galicia organiza este obradoiro no que se narrará un conto empregando a papiroflexia. Un conto clásico, dos que se transmiten de xeración en xeración.
A papiroflexia ou origami, que podemos considerar unha arte, unha ciencia ou un pasatempos, ten unha grande importancia no aprendizaxe das matemáticas, xa que a súa beleza radica na súa perfecta e simple xeometría. En cada anaquiño de papel podemos atopar patróns xeométricos, combinacións de ángulos e rectas que permiten que unha simple folla de papel se transforme en diferentes e interesantes formas.
Neste obradoiro a partir dun conto iremos transformando o papel en diferentes figuras.
Data: 9 de febreiro
Horario: de 11:00 a 13:30 h
Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia
Público: Maiores de 8 anos
Nº de prazas: 40
Observacións: de balde, precisa inscrición no web