ACTIVIDADES
Obradoiro: Escape Room: “Ciencia de escape”
Impartido por: Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia

Na actualidade as actividades de escapismo (Room Escape) están en auxe como metodoloxía empregada para traballar en equipo na resolución dun conflito común.

Nesta actividade montarase unha habitación misteriosa en cada unha das aulas da Biblioteca. En cada unha delas haberá unha conta atrás de 30 minutos e unha variedade de enigmas por resolver. Os principios básicos dos xogos de escapismo son a lóxica, o enxeño e o pensamento abstracto.

Entre os obxectivos desta actividade están o de fomentar o traballo en equipo para acadar unha meta, dar a coñecer o traballo de investigación desenvolto polo CSIC en Galicia e achegar contidos científicos dende un punto de vista multidisciplinar e lúdico, empregando o xogo como ferramenta didáctica e potenciando a lóxica e a axilidade mental.

Data: 9 de novembro de 2019

Horario: 17:00 a 18:30 h

Duración: 90 minutos

Lugar: Salas I e II da Biblioteca de Galicia

Público: de 12 a 15 anos

Prazas: 25

Observacións: de balde, precisa inscrición no web