ACTIVIDADES
Obradoiro sobre xornalismo
Xornais
Conmemoración do Día da Liberdade de Prensa

Neste obradoiro abordaranse principios básicos sobre que é o xornalismo, que é a noticia e como traballan os xornalistas. Trataranse as distintas fases para a elaboración dunha noticia. Principios de ética xornalística. Os dereitos das persoas fronte á prensa: liberdade de expresión, dereito ao honor e á intimidade. Casos especiais como a violencia de xénero, os xuízos mediáticos, etc. Qué é a liberdade de prensa e cómo pode perigar? Qué protexe ao xornalismo e aos xornalistas?

As redes e o seu uso coas noticias. Os xornalistas e o xornalismo en lugares de conflito.

Impartido por: María Solar

Data: 12 de maio

Horario: 12:00 a 13:30 h

Duración: 90 minutos

Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia

Público: A partir de 12 anos

Nº de prazas: 30