Engracia pensa que ser ovella é soporífero, que quere dicir súper súper aburrido. Ela come herba, durme a sesta, salta balados para entrenar e volve ao curro atrás do cadelo Ca antes de que veña a noite. Pero non lle chega. O que realmente desexa a ovella Engracia é ver a lúa no alto da noite.
Despois de moito pensalo, un serán consegue despistar ao rabaño e bota a andar atrás da lúa. Atravesando vales e subindo montañas comezará unha viaxe que a mudará para sempre. Nela atopará distintos animais que lle darán forza e ensinarán a confiar en si mesma. Así chegará a lugares nunca antes vistos por ningún outro rumiante.
Pero será a súa determinación e o seu bo corazón o que a transformará na intrépida ovella Engracia: un símbolo de liberdade para todas as súas irmáns. A súa aventura tamén muda a vida no rabaño e Engracia convértese na primeira ovella contadora de historias e é por iso que xa ningúen conta ovellas para durmir.
Data: 17 de marzo
Horario: 18:00 h
Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia
Público: Todos os públicos (a partir de 4 anos)
Nº de prazas: 120
Observacións: de balde, precisa inscrición no web