AVISOS
03/12/2019
17 de decembro, Día da Edición
Diccionario
Última efeméride do Calendario do Libro e a Lectura 2019

A edición é o proceso final dun traballo previo de creación. É a meta, o momento de dalo a coñecer ó mundo. A edición supón a visibilidade do creado, a difusión, o coñecemento ó que aspira todo creador para a súa obra. Ese é o auténtico nacemento, cando esa peza artística, literaria, dixital, divulgadora ou lúdica, que despois de un arduo traballo de xestación, en calquera que sexa o seu soporte, ve por fin a luz.

Na actualidade as ferramentas tecnolóxicas modernas rompen coas tradicións e facilitan que o autor sexa tamén o editor, algo inusual tempo atrás.

O Día da Edición conmemora o nacemento do editor Ánxel Casal, un 17 de decembro de 1895. Emigrante en dúas ocasións, a Arxentina e Francia, recala na Coruña onde se integra nas Irmandades da Fala, sendo o seu primeiro mestre de galego. Funda as editoriais Lar e Editorial Nós da que abrollaría a revista Nós e tamén A nosa Terra, ademais doutras publicacións como foron as revistas Claridad e Ser, revistas de vangarda da época. Membro do Partido Galeguista dende o seu inicio, aséntase en Santiago en 1931, cidade da que foi alcalde en 1936 ano no que morre ó pouco tempo, asasinado en Cacheiras.