AVISOS
19/09/2018
Aberto o prazo para presentación de proxectos ó I Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia
Pies caminando
Publicada no DOG do 18 de setembro a Orde do 5 de setembro de 2018 pola que se crea o Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2018.

Este premio ten por obxectivo recoñecer o labor das bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais de Galicia que leven a cabo proxectos e boas prácticas innovadoras, de utilidade para as persoas usuarias, sostibles no tempo e achegados ao contexto local no que se insiren.

O galardón estará dotado cun único premio de 3000 euros e un distintivo de biblioteca innovadora, e será entregado na I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS