AVISOS
02/04/2018
Abril. Día do Libro
Lámpada e libros
Efemérides do mes de abril do Calendario do Libro e a Lectura

Día das Artes Galegas: Alejandro de la Sota

O 31 de xaneiro de 2015, a Real Academia Galega de Belas Artes instituíu o Día das Artes Galegas que se festexaría cada 1 de abril, co obxectivo de por en valor o patrimonio cultural galego.

Esta onomástica comezou con Castelao no 2016, Maruja Mallo no 2017 e neste ano múdanse as artes plásticas pola arquitectura na figura do pontevedrés Alejandro de la Sota, varias veces premio nacional de arquitectura cuxa obra foi recoñecida internacionalmente. Autor de diversos proxectos de arquitectura moderna industrial e tamén doutras obras nas que utilizou técnicas de prefabricación lixeira, fixeron que a súa obra fose obxecto de exposicións en universidades como Harvard University, a Architectural Association de Londres, a ETH de Zúrich, Karlsruhe, Aquisgrán e Milán, ademais de en numerosas escolas de arquitectura de España. Morre en Madrid en 1996 deixando unha forte pegada no século XX

Día do Libro

A efeméride por excelencia do Calendario do Libro e a Lectura
A expresión dun pobo radica na palabra. Ela rebela a súa bondade, a riqueza material e inmaterial, as costumes, a historia e os seus segredos agochados, a súa beleza, a loita diaria das xentes, a súa lírica, a súa creación, a investigación, a fantasía, a realidade e o surrealismo, o seu pasado, o presente e o futuro, as crenzas e o imposible, todo isto e máis compoñen un universo escrito con proxección mundial gracias as novas tecnoloxías que permiten a calquera tipo de expresión chegar en segundos a todos os recunchos. Este despertador de inquietudes que é o libro, hoxe non ten barreiras. Todos podemos chegar a todos, basta ter algo que comunicar desde a propia identidade, desde a verdade de cada quen, só así será universal, e sexa cal sexa o seu soporte, chegará lonxe.
23 de abril, Día do Libro