AVISOS
04/10/2018
Día da Biblioteca. 24 de outubro
Visión lateral dereita da BdG
Efeméride destacada do Calendario do Libro e a Lectura no mes de outubro

O Día Internacional da Biblioteca nace en memoria da destrución en 1992 da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no conflito balcánico. Neste día inténtase intensificar na opinión pública a importancia das bibliotecas nas comunidades, a súa labor de socialización, de formación, e de convivencia educativa intercultural. Por este motivo as bibliotecas son un lugar de encontro e aprendizaxe, e neste día especial fanse actividades específicas, visitas guiadas e agasállase ós usuarios e visitantes con libros. Un día para aproveitar a coñecer as bibliotecas de proximidade.

A Biblioteca e Arquivo de Galicia, como cada ano, fará unha visita guiada ás 12,00 horas e agasallará ós seus visitantes cun libro

Para anotarse á visita guiada deberán facelo a través do teléfono 981 54 48 86 durante os días 22 e 23, de 9 a 14h.

Número de prazas: 25