AVISOS
25/01/2018
Día da Ilustración
Foto de Camilo Díoaz Valiño
Exposición na sala das columnas. Camilo Díaz Baliño: a xenialidade truncada

Como cada ano o 30 de xaneiro festéxase o Día da Ilustración, que neste 2018 a Biblioteca de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración dedica ó artista ferrolán Camilo Díaz Baliño a través dunha mostra bibliográfica e un vídeo sobre o escenógrafo, cartelista, pintor e debuxante galego.
Este intelectual galeguista, como escritor foi autor de relatos publicados na prensa galega da época sobre todo en A Nosa Terra, de tinte comprometido como corresponde coa súa militancia no Partido Galeguista  e tamén era membro das Irmandades da Fala.
Como deseñador gráfico cabe destacar  os deseños das capas da colección Lar.
Foi fusilado nos comezos da Guerra Civil, deixando a súa xenialidade o seu fillo Isaac Díaz Pardo e as xeracións futuras.

A mostra está formada por 54 pezas. Libros, debuxos, documentos persoais, fotografías e manuscritos todos relacionados coa figura de Camilo Díaz Baliño. Todas estas pezas se custodian na Biblioteca de Galicia.