AVISOS
30/01/2021
Día da Ilustración 2021: Lolita Díaz Baliño
O Día da Ilustración dedícase por primeira vez a unha muller, Lolita Díaz Baliño, tía de Isaac Díaz Pardo.

Como cada 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, unha data impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Univesidade en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Esta efeméride coincide co aniversario do nacemento de Castelao, gran debuxante ademais de político, escritor, pintor e médico.

 

Este ano 2021 dedícase por vez primeira a unha muller, Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1925-1963), relevante e esquecida pintora e ilustradora. A Biblioteca de Galicia quere sumarse a esta efeméride coa mostra bibliográfica, Lolita Díaz Baliño: a discreción imposta dunha grande artista. Nos días nos que temporalmente non sexa posible a súa visita presencial, pódese realizar unha “visita virtual”, con información textual e gráfica de cada capítulo da exposición, na ligazón que se mostra ao final deste artigo .

 

A web www.diadailustracion.gal tamén se actualizou neste 2021 para ofrecer unha completa información sobre esta artista multidisciplinar, adiantada ao seu tempo, que deixou un prolífico traballo nalgunhas das publicacións periódicas más importantes da época, como Céltiga, Galicia gráfica ou La Voz de Galicia. O seu estilo, que combinaba o arte-decó con temáticas influenciadas polo pensamento rexionalista, poida que teña a súa mellor representación nas súas ilustracións de mulleres modernas, decididas e elegantes, que aínda hoxe resultan actuais.

 

No vídeo realizado pola AGPI para conmemorar a súa figura, e que se se pode ver nesta ligazón, https://youtu.be/v9xF1QPjjBw, podemos achegarnos visualmente a esta creadora, que forma parte dunha das grandes familias de artista do noso país, e que foi unha das primeiras mulleres en ingresar (1938) na Real Academia Galega de Belas Artes, xunto coa pintora Carmen Corredoyra.