AVISOS
02/05/2018
Día das Letras Galegas
Libros da autora Calendario do Libro e a Lectura 2018
María Victoria Moreno, cuarta muller na historia do Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de recoñecemento da nosa identidade. Por unha banda de recoñecemento da nosa lingua e por outra de toda a creación que da súa riqueza xurde. A través dos grandes homes e mulleres que foron e son artífices da nosa literatura, aprendimos o sentir da sociedade galega de todos os tempos, a súa evolución, o que somos e onde estamos e onde queremos chegar. O pulso da vida está presente en cada texto sexa poético, narrativo, dramático, xornalístico, de ficción... Cada palabra encerra o instante revelado para nutrición dun colectivo orgulloso de si mesmo polo mundo adiante.

Este ano, o Día das Letras Galegas dedícase a María Victoria Moreno, escritora en lingua galega que tiña a moita honra dicir que era galega aínda cando non o era de nacemento, tal era o seu sentir da súa terra de adopción. É a cuarta muller a quen se dedica o DLG, homenaxe ben merecido pois foi unha das fundadoras da literatura infantil e xuvenil da nosa lingua, que soubo chegar á mocidade e os máis pequenos dende as aulas e o seu traballo literario con obras como Anagnórise (1988), Leonardo e os fontaneiros (1985), Guedellas de seda e liño (1999) , Un cachiño de bica? (1994),  Eu conto, ti cantas… (2005)