AVISOS
02/11/2017
Día das Librarías
Bosque de árbores de follas escritas
Efeméride destacada do Calendario do Libro e a Lectura no mes de novembro

A día de hoxe que a informática, a robótica, o virtual, as redes...poboan o noso espazo, falar de librarías pode parecer falar do pasado. Pois non, erro. As librarías son hoxe máis que nunca lugares de encontro. Que quedou daquel libreiro profesional comprometido, sabedor disto e aquilo con ganas de transmitilo ó potencial cliente? Pois todo e máis.

Hoxe as librarías son espazos culturais activos con presenza nas redes sociais, espazos onde non só consúltanse e venden libros se non que aglutinan ao redor dos mesmos colectivos de persoas con intereses comúns que atopan aí actividades, conferencias, presentacións, clubs de lectura degustando un bo café, lecturas dramatizadas, pequenos concertos ou recitais poéticos, unha performance ou reciben unha clase alternativa.

Todo, absolutamente todo se pode facer hoxe nunha libraría, e aquí si podemos dicir que o tamaño non importa, só a vontade do libreiro.