A catalogación dos libros do s. XVI da colección Abanca deu unha sorpresa: un exemplar da obra Estímulo para bien obrar do Licenciado Francisco de Lara, impresa en Madrid en casa de Guillermo Drouy en 1579. Aínda que a obra estaba referenciada desde o s. XVII en bibliografías e inventarios, non se coñecía ningún exemplar na actualidade.
O exemplar da colección Abanca pertenceu á biblioteca do Colexio Imperial, establecido en Madrid pola Compañía de Xesús a finais do século XVI e que pronto se convertería nun importante centro de ensino onde estudaron escritores tan distinguidos como Lope de Vega, Quevedo ou Calderón. A biblioteca do Colexio Imperial foi a máis importante biblioteca que houbo en Madrid ata o século XVIII, cando se suprime a Compañía de Xesús e os xesuítas son expulsados.
Rexistro bibliográfico:
Estimvlo para bien obrar : el qval es vtil y prouechoso para todo buen christiano : compuesto por el Licenciado Francisco de Lara. — Fabricación: Madrid : en casa de Guillermo Drouy, 1579. -- 51 follas ; 8º
Marca tipográfica en portada (xilografía representando a Virxe María que sostén ao Neno no colo). — Dedicado á María de Urrea, Condesa de Alba. — Con licencia. — Otro título: Estímulo para bien obrar
Biblioteca de Galicia — Colección: . Colección: Fondo bibliográfico ABANCA — Signatura: Signatura: C1-4-20
Encadernación en pergameo.
Enlace a Galiciana-BDG:
http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=579243