AVISOS
01/10/2019
Efemérides do mes de outubro
Sala de lectura de la BdG
Día das Escritoras e Día da Biblioteca

Día das Escritoras

O Día das Escritoras xurdiu por iniciativa da Biblioteca Nacional de España, a Asociación Clásicas e Modernas e a Federación Española de Mujeres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias ( FEDEPE) para compensar a discriminación histórica das mulleres na literatura.

Difundir o legado cultural das escritoras que loitaron por ter o seu lugar no medio literario valéndose de toda clase de subterfuxios para conseguilo, lembrar as dificultades ás que se enfrontaron e destacar o valor das súas obras, é o obxectivo desta efeméride. Con esta vontade créase este día de homenaxe que se leva a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro, no Salón da Actos da Biblioteca Nacional de España e noutras entidades e institucións nacionais e internacionais que se suman á iniciativa.

A Biblioteca de Galicia súmase tamén a esta homenaxe recomendando a lectura das nosas escritoras en lingua galega e convidando os nosos usuarios a que coñezan a sección da biblioteca da muller que gracias a creatividade e bo facer das nosas escritoras , non deixa de crecer.

 

Día da Biblioteca. 24 de outubro

O Día Internacional da Biblioteca nace en memoria da destrución en 1992 da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no conflito balcánico. Neste día inténtase intensificar na opinión pública a importancia das bibliotecas nas comunidades, a súa labor de socialización, de formación, e de convivencia educativa intercultural. Por este motivo as bibliotecas son un lugar de encontro e aprendizaxe, e neste día especial fanse actividades específicas, visitas guiadas e agasállase ós usuarios e visitantes con libros. Un día para aproveitar a coñecer as bibliotecas de proximidade.

A Biblioteca e Arquivo de Galicia, como cada ano, fará unha visita guiada ás 12,00 horas e agasallará ós seus visitantes cun libro

Para anotarse á visita guiada deberán facelo a través do teléfono 981 54 44 22, durante os días 21, 22 e 23, de 9 a 14h. Número de prazas: 25