AVISOS
03/05/2021
En maio continúan as actividades polos 10 anos da BdG
A ilustración toma o protagonismo na Biblioteca de Galicia

Non só a palabra escrita vai a estar presente nas actividades que conmemoran os dez anos da Biblioteca de Galicia. A linguaxe visual impresa, cada vez máis demandada nas bibliotecas, merece tamén estar nesta programación.

O obxectivo desta actividade é contar con algúns dos ilustradores galegos máis sobresaíntes. Nas sesións que se programarán todos os venres do mes de Maio ás 19:00 horas, as ilustradores e ilustradores convidados compartirán cos asistentes as súas habilidades, traballos e experiencias e nas que gozaremos da súa liberdade creativa.

De novo será o Auditorio Neira Vilas o espazo no que terán lugar estes encontros, que tamén poderán seguirse por streaming na canle de Youtube da Cidade da Cultura.

Xosé Tomás, Laura Romero, Iria Ribadomar, David Pintor, Alberto Guitián e Miguelanxo Prado serán os debuxantes que protagonizarán estas sesións coa ilustración na celebración do décimo aniversario da BdG, no mes en que se celebra o Día do cómic.

Ilustradores, horarios e lugar:

- Xosé Tomás (07.05.2021 - 19:00 horas)

- Laura Romero & Iria Ribadomar interpretan a Lolita Díaz Baliño (14.05.2021 - 19:00 horas)

- David Pintor & Alberto Guitián (21.05.2021 - 19:00 horas)

- Miguelanxo Prado (28.05.2021 - 19:00 horas)

 

Lugar: Auditorio do Edificio do Arquivo e Biblioteca de Galicia

Prazas: 27

Entradas de balde previa inscrición na web da Cidade da Cultura

Todos os eventos retransmitiranse en streaming na canle de Youtube da Cidade da Cultura.