AVISOS
16/02/2021
Nova apertura dos servizos presenciais da BdG
Dende o 17 de febreiro, a BdG retoma os seus servizo presenciais cun aforo reducido ao 30%

Mañá mércores as instalacións da Biblioteca de Galicia volven a estar abertas ao público cos servizos e horario habituais:

Sala de lectura

De luns a domingo de 09:00 a 21:00 horas

Consulta de usuarios e investigadores: información bibliográfica, reprografía e acceso aos fondos dos depósitos

De luns a venres de 09:00 a 15:00 horas

Poderase facer uso dos servicios de consulta de 16:00 a 20:00 de luns a venres previa solicitude no correo electrónico bibliotecadegalicia@xunta.gal

A visita ás exposicións organizadas polo Arquivo e Biblioteca de Galicia poderá realizarse de luns a domingo de 09:00 a 21:00 horas.

En cumprimento das medidas sanitarias anunciadas no Decreto 26/2021 e na Orde do 15 de febreiro de 2021, en vigor do 17 de febreiro ao 3 de marzo, a capacidade da sala de lectura estará limitada a un 30% do seu aforo, o que supón que estarán habilitados 36 postos. Cada un destes postos continúa a estar numerado. O usuario/a que queira facer uso dun dos postos de consulta deberá solicitalo no mostrador central da biblioteca. O persoal facilitaralle o número do posto no que deberá permanecer o tempo que faga uso da sala de lectura.

As condicións de uso da sala de lectura da BdG, accesibles na seguinte URL, seguen vixentes, coa única excepción da redución do aforo de 45 a 36 postos.