AVISOS
29/05/2019
Prazo aberto para inscribirse ás xornadas Bibliotecas especializadas e Centros de documentación
Terceiras xornadas técnicas de bibliotecas, para profesionais que traballan nas institucións da memoria galegas.

Neste ano 2019 o tema protagonista das xornadas do primeiro semestre serán as Bibliotecas especializadas e os Centros de documentación. Por elo estarán presentes algunhas das institucións que responden a esta tipoloxía máis importantes do noso país, como a Biblioteca do Museo do Prado, a Biblioteca do Congreso dos Deputados ou o Centro de Documentación de RTVE. O obxectivo será achegar aos bibliotecarios galegos como son as coleccións que xestionan, que servizos ofrecen, que tipo de usuarios acoden a elas ou que retos deberán afrontar no futuro.

Esta nova xornada terá lugar o día 21 de xuño no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia. A inscrición para algunha das 100 prazas dispoñibles será de balde a través da web cidadedacultura.org.

O horario será de 9:00 a 17:30 horas,  a inscrición poderá realizarse, a partir do mércores 29 de maio ás 09:00 horas