AVISOS
22/05/2018
Prensa histórica e xeración de coñecemento: do papel ao dixital
Cartel da xornada
Unha nova xornada técnica da Biblioteca de Galicia

Nesta ocasión a nosa protagonista será a prensa histórica e pretendemos achegarnos a ela desde diferentes eidos:

  •  recompilacións e estudos sobre a historia da prensa galega
  • a prensa histórica como fonte de información
  • as novas tecnoloxías como ferramenta de preservación da prensa histórica

A xornada terá lugar no Auditorio Xosé Neira Vilas do Edificio do Arquivo e Biblioteca de Galicia en horario de 9:30 a 17:30 horas, con dous descansos entre intervencións, o primeiro para un café entre as 11:30 e as 12:00 e o segundo para unha comida lixeira entre as 14:00 e as 15:30 h.
A inscrición é de balde ata completar as 100 prazas dispoñibles.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS