AVISOS
18/03/2021
A sala de lectura da BdG amplía o seu aforo ata o 50%
Dende o 19 de marzo volven a estar dispoñibles 45 postos de lectura

En cumprimento das medidas sanitarias anunciadas no Decreto 45/2021 e na Orde do 17 de marzo de 2021, en vigor dende o 19 de marzo, a capacidade da sala de lectura queda limitada a un 50% do seu aforo, o que supón que estarán habilitados 45 postos.

As condicións de uso da sala de lectura da BdG, accesibles na URL que se mostra ao final deste aviso, seguen vixentes.

Dende o 17 de febreiro as instalacións da Biblioteca de Galicia están abertas ao público cos servizos e horario habituais:

Sala de lectura

De luns a domingo de 09:00 a 21:00 horas

Consulta de usuarios e investigadores: información bibliográfica, reprografía e acceso aos fondos dos depósitos

De luns a venres de 09:00 a 15:00 horas

Poderase facer uso dos servicios de consulta de 16:00 a 20:00 de luns a venres previa solicitude no correo electrónico bibliotecadegalicia@xunta.gal

A visita ás exposicións organizadas polo Arquivo e Biblioteca de Galicia poderá realizarse de luns a domingo de 09:00 a 21:00 horas.