AVISOS
07/03/2019
Suspéndese o obradoiro Un baile poético, interdisciplinar, arredor de Bonus Track
Pés sobre a rúa
Por falta de inscritos

Vémonos obrigados a suspender o obradoiro Un baile poético, interdisciplinar, arredor de Bonus Track debido á falta de inscricións. Este obradoiro ía dirixido a público adulto de máis de 18 anos.

En conmemoración do día da poesía. Impartido por Rosalía Fernández Rial
 

O obradoiro consistia na elaboración de diferentes produtos artísticos relacionados coa poesía e coa súa posterior escenificación nunha perfomance concreta, na que a canción e a literatura se dan a man. Unha acción que mestura xéneros e perspectivas diferentes para gozar do feito artístico desde unha óptica aberta e viva.

Data: 9 de marzo
Horario: de 11:00 a 12:30 h
Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia
Público: Maiores de 18 anos
Nº de prazas: 25