AXENDA
Atréveste a traducir connosco?
28 de Setembro, 11:30
Biblioteca de Galicia
Conmemoración do Día Internacional da Tradución. Impartido por: María Reimóndez Meilán e Raquel Senra Fernández

Neste obradoiro farase unha breve viaxe polas páxinas da historia da tradución ao galego da literatura dirixida ás crianzas na que faremos paradas nalgunhas destas obras para valorar as traducións e así dar comezo ao debate. Veremos que existen diversas opinións e que a meirande parte delas son válidas...Hai tantas formas de traducir literatura coma profesionais que se dedican a este fermoso traballo!

A continuación, poñerémonos mans á obra e traduciremos un fragmento dunha obra literaria para convertérmonos en profesionais da tradución!

Remataremos coa posta en común e reflexionaremos sobre as propostas e o proceso.

Data: 28 de setembro

Horario: 11:30 a 13:30 h

Duración: 120 minutos

Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia e espazo exterior

Público:8 a 12 anos

Prazas: 25

Observacións: de balde, precisa inscrición no web