AXENDA
En carro polo Gaiás. Xogando coa tradición
25 de Maio, 17:00
Biblioteca de Galicia
Conmemoración do Día das Letras Galegas dedicadas este ano a Antón Fraguas. Impartido por O Quinteiro de Temperán

Unha completa unidade lúdica na que xogando a construír e deconstruír un carro tradicional se revisa a figura de Antón Fraguas, a quen Galicia lle dedica este ano As Letras Galegas, a súa vida e a súa obra.

A actividade comeza cos monitores vestidos con traxes tradicionais e cun carro feito a escala reducida, deconstruído, e ferramentas de traballo (inocuas a efecto de posibles accidentes). O Carro está deconstruído en arredor de cincuenta pezas, pezas que son “adoptadas” por cada participante que, asumindo como nome propio o nome da peza escollida por ela ou el, colabora no proceso construtivo do carro que se converte no punto de partida, nun medio de transporte no que van poder subir e percorrer o exterior da Cidade da Cultura.

Durante o desenvolvemento da actividade ademáis dos conceptos propios do lecer e a cultura tradicional, trazaremos contidos de lingua, literatura, oralidade, folclore, arte...

Duración: 2 horas

Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia e espazo exterior

Público: 6 a 12 anos

Nº de prazas: 35

Observacións: de balde, precisa inscrición no web