AXENDA
A festa dos electróns
23 de Novembro, 17:00
Biblioteca de Galicia
Conmemoración do mes da ciencia, obradoiro impartido por: Tú y yo...Educa

A festa dos electróns trátase dun divertido espectáculo no que o elemento estrela é o noso xerador de electróns Van der Graaf, capaz de xerar un sen fin de experimentos coa electricidade e que transportará á sala a unha divertida festa. O noso xerador será capaz de poñer os pelos de punta aos participantes, lanzar confeti, atraer a chama das candeas, xerar divertidas faíscas, encender bombillas...e moitas cousas máis. E ademais...xogando e divertíndose aprenderase unha chea de conceptos sobre os electróns: como se moven, por onde viaxan, as cargas eléctricas...

Data: 23 de novembro

Horario: 17:00 a 18:00 h

Duración: 60 minutos

Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia

Público: de 6 a 10 anos

Prazas: 40

Observacións: de balde, precisa inscrición no web