AXENDA
Obradoiro de creación plástica a partir da obra de Luís Seoane
06 de Abril, 17:00
Biblioteca de Galicia
Conmemoración Día das Artes Galegas: Luís Seoane. Impartido por OQO EDITORA

O obradoiro constará de tres partes:

1º O xogo das formas

Crearemos un banco de formas abstractas para que os participantes poidan xogar con elas. De xeito aleatorio irán seleccionando algunhas delas para que sen saber o fin concreto da súa acción, as estampen ou pequen de xeito fortuíto sobre un prego de papel.

2º Presentación do artista

Axudándonos dunha proxección baseada en obras do artista, achegarémonos ao universo simbólico da súa obra.

3º Mans á obra

O primeiro será facer o esforzo de atopar nesas formas abstractas unha posible figura, algo que nos lembre a realidade que nos rodea: unha muller, unha flor, unha mesa...

Unha vez rematado o xogo de búsqueda, daráselles pintura negra e un pincel para que tracen con liñas a forma que teñen no seu maxín e deste xeito facer visible a figuración que permanecía oculta.

*Ao final da actividade repartirase entre os/as asistentes un “kit de creación”, co que poderán realizar novas propostas.

Horario: 17:00 a 19:00 h

Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia

Público: de 7 a 12 anos

Nº de prazas: 25

Observacións: de balde, precisa inscrición no web