AXENDA
Unha historia por contar
23 de Febreiro, 17:00
Biblioteca de Galicia
Obradoiro de creación pictórico-literaria. Conmemoración Aniversario do Nacemento de Rosalía de Castro

Crear é o máis satisfactorio que existe, produce instantes de felicidade e se é en familia, mellor que mellor. Neste obradoiro pequenos e grandes ides ser creadores dunha historia, será a vosa historia. Na primeira parte cada participante deberá realizar un debuxo que pode ser algo moi sinxelo ou recrear unha escena, para iso terán lapis, pinturas, ceras... á súa disposición. A continuación e a partir dos debuxos feitos iremos creando a historia .

Impartido por: persoal voluntario da Biblioteca de Galicia

Duración: 2h aproximadamente

Público: familiar  (fillos, pais, avós)

Participantes: 30

De balde, precisa inscrición no web