AXENDA
A vida secreta dos obxectos
25 de Xaneiro, 17:00
Biblioteca de Galicia
Obradoiro de ilustración a cargo de Xulia Pisón

O Calendario do Libro e a Lectura 2020 ábrese co Día da Ilustración e na súa conmemoración é o primeiro obradoiro do ano.

Obradoiro dirixido a rapazas e rapaces de oito a once anos, e terá como contidos principais:

- Botar unha ollada ás diferentes personaxes que coñecemos

- Como se fan personaxes a partir de elementos do mundo real

- Ver o mundo de forma diferente

Na actividade as nenas e os nenos crearán personaxes con elementos que atoparán no espazo de traballo, e outros que traian eles mesmos. Así con papel de debuxo, lapis, ceras de cores, gomas de borrar, froita, latas de refrescos… crearán os diferentes tipos de personaxes: bos, malos, aventureiros...

Data: 25 de xaneiro

Público: 8 a 11 anos

Horario: 17:00 a 18:30 h

Duración: 90 minutos

Prazas: 20

De balde, precisa inscrición na web