AXENDA
Xeometría fractal
27 de Outubro, 11:00
Biblioteca de Galicia
Imparten profesoras de matemáticas

Este obradoiro, impartido por dúas profesoras da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, ten como obxectivo descubrir e iniciar ao alumnado no mundo dunha xeometría moi presente na natureza e na ciencia, a xeometría fractal.

Gracias a esta xeometría, construiremos e analizaremos matematicamente fractais de Sierpinski en dúas dimensións, como a alfombra ou o triángulo, e tamén en tres dimensións todo adaptado para alumn@s desta idade; Para desenvolver esta actividade utilizaranse materiais moi sinxelos como palliñas de sorber e adhesivos.

Público: De 8 a 10 anos

Horario: de 11:00 a 13:30 h

Duración: Dúas horas e media

Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia

Prazas: 40

De balde, precisa inscrición na web

.