AXENDA
Xigantóns do Apalpador e a Apalpadora + Apalpadoriños
20 de Decembro, 18:00
Biblioteca de Galicia
Con motivo da celebración do Nadal na Biblioteca de Galicia

A cargo de Nelson Quinteiro produccións

Data: 20 de decembro

Público: Público Familiar

Lugar: Auditorio Neira Vilas

Horario: 18:00 a 19:00 h

Duración: 60 minutos

Prazas: 30

 

De balde, precisa inscrición na web

 

Neste espectáculo ofrécese un animado concerto e contacontos animado con
danza e un repertorio de panxoliñas e contos populares adapatados á figura
do Apalpador.

Sinopse:

Dende o lugar máis agochado do Courel chegan o Xigantón do Apalpador e
máis a Apalpadora Xigante, dous títeres de máis de 3 metros de alto,
acompañados polos Apalpadoriños, elfos rústicos e axudantes destes
personaxes que propoñen un divertido espectáculo cunha moi coidada posta en
escena.