EXPOSICIÓNS
Balnearia Bibliográfica. Un percorrido polas augas minerais de Galicia
07 Abril 2017
31 Xaneiro 2018
Cartel antigo. Dama no balneario de Mondariz
Coordinador/a:
Ignacio Cabano​ Vázquez y Carlos G. Guitián

Galicia. Terra das augas. Unha antiga definición que recolle séculos de vida ao redor de mananciais, fontes, servizos de saúde e repouso. Unha característica única e preciosa que xerou centos de libros, revistas, carteis e ilustracións, mapas, postais e obxectos de uso cotián. Unha produción bibliográfica antiga e moderna dunha enorme amplitude e cunha gran calidade e beleza. Unha xanela artística, social, médica e científica a tempos e xentes do noso país das augas, Galicia.

Estamos ante unha mostra que non pretende máis ca amosar unha pequena selección gráfica e bibliográfica deste mundo impreso que acompaña o fenómeno social das nosas augas e dos nosos balnearios case desde o seu nacemento.

 

O catálogo da exposición pódese adquirir a través da Libraría Institucional